lunes, 30 de marzo de 2009



Hola a todos e todas!!! Esta é unha crónica da nosa viaxe a Grecia, a nai da nosa civilización, onde puidemos sentirnos como gregos ó respirar o mesmo aire que Platón, Praxíteles, Menelao, . . .

Todo parecía un soño, un deses que ansías con moita forza e estás seguro de que nunca vai ocorrer; pero na vida hai sorpresas, e nós tivemos a sorte de vivir en primeira persoa todo iso.

Unha das cousas máis emocionantes foi revivir o que se facía hai tantos anos; así, simulamos unha carreira no famoso estadio de Olimpia, representamos a morte de Agamenón, . . . e corrimos o Estadio de Nemea, que é o que aparece nesta fotografía; nós xa escoitaramos algo, pero non sabiamos se era verdade ou non.

Sairamos de Atenas esa mañá moi cedo para dirixirnos a Micenas; de camiño,fixemos unha paradiña para asombrarnos coa Canle de Corinto e Ricardo, o organizador da viaxe, con quen aprendimos moitísimas cousas, anuncionos que íamos recrear o mesmo que facían os atletas gregos da época. Ó chegarmos, sentímonos todas abraidas polo espíritu deportivo que nos invadía, e que facía que ata o mínimo detalle chamara a nosa atención: cómo sinalaban a saída, as gradas, . . . Primeiramente parecía que a carreira non se ía levar a cabo, pois todos estábamos un pouco cansos do autobús, facía moita calor, non tiñamos roupa axeitada, . . . pero cando meditamos un pouco sobre a importancia de correr aquela distancia, algo que pouca xente da actualidade pode facer, non o dubidamos dúas veces e ofrecímonos voluntarios a emprender tal cousa. Desgraciadamente, a gañadora non foi ningunha do noso instituto, pero a afortunada, moi merecidamente, acadou a correspondente coroa de pino, pois era o máis fácil de conseguir, aínda que o simbolismo daquilo foi irrepetible.

Bueno, aqui queda un pequeno fragmentiño do que foi a nosa inolvidable viaxe, onde coñecimos a moita xente que foi quen de que a estancia nese país fose incrible. Grazas a todos e esperamos que nos volvamos ver. . . quen sabe, ó mellor en Grecia de novo!!!

Un saúdo!!!!

EUGENIA

4 comentarios:

Julia dijo...

esq yo para los textos soy muy mia, pero lo fui dejando pq tampoco qria hacr un relato de los mios, pero bueno hoy habia q ponerse, q lo prometido es deuda, y fue lo q qdo.
Lo vuestro es mas general pero bueno, variedad, no dicen q la variedad esta el gusto...jeje

besitos...^^


JuLi...

Daniel Lagoa Martínez dijo...

Felicitacións, primeiro por ter tido -e aproveitado- a oportunidade de facer unha viaxe tan fantástica e segundo por estas crónicas tan emocionantes que dalgún xeito nos consolan ós que estivemos a punto de ir pero non fomos (non por ganas nin por falta de iniciativa). Un saúdo.

Anónimo dijo...

Me alegro de que lo pasarais muy bien en un lugar tan bonito como Grecia, al que todo el mundo le gustaría ir.
A ver si cuando estemos nosotros en segundo de bachillerato también vamos.
Claudia

Anónimo dijo...

Moitas grazas a todos! Oxalá todos puideran gozar desta viaxe porque é alucinante!
Un saúdo!
EUGENIA

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails