Na mitoloxía grega, Triptólemo era un semideus e un heroe que
aprendeu de Deméter as
artes da agricultura e á súa vez as ensinou aos gregos. Sempre relacionado coa Deméter dos misterios eleusinosque
perduraron no mundo grego e romano ata a era cristiá.
Mentres buscaba á súa filla Perséfone, Deméter chegou a Eleusis disfrazada
como unha anciá. Alí coñeceu as fillas de Céleo, aos que contou que se facía chamar Doso, que
era unha cretense que fora raptada por piratas e que podía realizar calquera
tarefa doméstica que lle desen. Así coñeceu a Metanira, quen lle pediu que coidase do seu fillo Demofonte('matador
de homes,'), irmán de Triptólemo. Deméter encariñouse co neno e, querendo
facelo inmortal, polo día oungía con
ambrosía coma se fose un deus e pola noite deitábao nu sobre carbóns
incandescentes para quitarlle a súa carne mortal. Como Demofonte crecía máis do normal, Praxitea,
unha mullereleusina, vixiou a Deméter e
rematou por sorprendela mentres poñía o neno no lume. Entón berrou, e o neno
foi consumido polas chamas. Segundo outras fontes, foi a propia Metanira quen vixiabaDeméter e
quen a sorprendeu. Cando a oíu lamentarse, Deméterquitou o neno do lume e botouno ao chan dicindo:
Demofonte foi recollido do chan e as
súas irmás lavárono e abrazaron amorosamente, pero non lograron consolalo, pois eran as súas
mans menos destras. Foi entón cando Deméter se
revelou como tal, cambiando a súa estatura e aspecto, apartando a súa vellez, e
ensinou a Céleo e
aos eleusinos os ritos que celebrarían na súa honra.
Deméter deu entón a Triptólemo grans de trigo e un carro alado dunha
soa roda tirado por dragóns para que plantase as sementes dende o aire por toda
a terra. Ensinouno, desta forma, a arte da agricultura. A través del, o resto
de Grecia aprendeu a plantar e segar cultivos. Segundo algunhas versións, foi
así como a deusa agradeceu a Triptólemo a
información sobre a súa filla que este lle dera.
Cando Triptólemo ensinou
a Linco,
rei de Escitia, as artes da agricultura, este rexeitou ensinalas
aos seus súbditos e tratou de matar a Triptólemo. Deméter transformouno
en lince. Triptólemoestaba igualmente relacionado coa concesión de
esperanza para a outra vida asociada coa expansión dos misterios eleusinos.
Á súa morte, Triptólemo tamén foi considerado como xuíz doinframundo.
O filósofo Porfirio atribúe a Triptólemo tres mandamentos para unha vida sinxela e piadosa: «Honrar aos teus pais», Honrar aos deuses con froitas» (para os gregos, as «froitas» incluían o gran) e «Respectar os animais».
O filósofo Porfirio atribúe a Triptólemo tres mandamentos para unha vida sinxela e piadosa: «Honrar aos teus pais», Honrar aos deuses con froitas» (para os gregos, as «froitas» incluían o gran) e «Respectar os animais».
Triptólemo en pé entre Deméter e Perséfone, recibindo espigas de trigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario