TARRAGONA
Este é o lugar ao que ,con sorte, faremos unha excursión o próximo mes de marzo , e eu busquei en internet e nuns libros para coñecer máis del e encantoume.
Tarragona é unha cidade patrimonio da humanidade,está situada no borde da costa Dorada ao borde do mas Mediterráneo . A antigua Tarraco ,unha das capitais do imperio romano, conserva todo un esplendoroso pasado de gran valor arqueoloxico.
Despois dun asentamiento ibérico, Tarraco foi fundado polos romanos a principios do século II a.C., logo chega a converterse na capital da Hispania Citerior , foi unha cidade moi importante durante esa época, proba disto é o rico patrimonio monumental que hoxe consérvase.
Catedral de Tarragona: Está no alto dunha colina ao final da rúa Major , centro da cidade medieval.Foi levantada sobre os restos dunha antiga mezquita , combina os estilos romanos e gótico.Consta de tres naves ,crucero , cúpula octogonal... É considerada o símbolo máis representativo do esplendor medieval da cidade .
Capilla de Santa Tecla la Vella : no interior do xardín da catedral , a súa arquitectura é de estilo romanico-gótico.
Murrallas-Paseo arqueolóxico: O percorrido que forman as murallas do casco antigo é coñecido como o Paseo Arqueolóxico .Nos seus orixes constaba de 4 km de persorrido dos que se consevan 1.100 metros, aqui atópanse as torres de Minerva,Cabiscol e Arquebisbe.Ao pé deste paseo atópase o Campo de Marte .
Fórum Provincial: Está no casco antigo , preto da Catedral , na actualidade só consérvanse uns restos do que foi ,é unha das zonas máis frecuentadas por contar con numerosos restaurantes e cafeterias con terraza.
Consta de numerosos museos dos que destacan: o Museo de arte moderno e o Museo arqueolóxico , este é o máis antigo de Cataluña , ten unha colección permanente de pezas da romanización. E o Museo da historia de Tarragona, exemplo da arquitectura gótica catalana.
O Circo: Restos do antigo circo romano, é un dos monumentos mellores conservados da cidade.
Anfiteatro e Teatro romano: Típicos edificios da época romana , o anfiteatro ten un suglo máis que o teatro , do anfiteatro consérvanse parte dos restos , do teatro consérvanse os restos máis importantes que o definian , expostos no museo arquelóxico.
E moitas cousas máis como o acueducto etc... forman esta fermosa cidade que teño moitas ganas de visitar.