jueves, 3 de diciembre de 2015

Percy Jackson y el ladrón del rayo.

Percy Jackson e o ladrón do raio é o primeiro libro da saga de "Percy Jackson e os deuses do Olimpo", do afamado escritor Rick Riordan. Un libro que tamén foi levado á gran pantalla en 2010, dirixido por Chris Columbus (Percy Jackson e o ladrón do raio).

O libro, como o título xa quere insinuar, está relacionado coa mitoloxía grega. O protagonista, Percy, descubre un día que seu pai, ao que nunca coñecera, en realidade é Poseidón, o deus do mar, e él é un semideus. Noso protagonista de doce anos trasládase a un campamento especial para semideuses, o Campamento Mestizo, no que viven e entrenan para poder defenderse dos monstruos que lles acechan no mundo exterior. Alí coñece a Annabeth, filla da deusa da sabiduría Atenea; a Grovert, un sátiro que se convertirá no seu mellor amigo; Luke, fillo de Hermes, deus dos ladróns e os viaxeiros... Ademais de moitos outros personaxes da mitoloxía grega. Entre eles están Poseidón, Zeus, Hades, Atenea, Ares, Afrodita, Quirón, Dioniso (ou señor D)...

"Percy Jackson y el ladrón del rayo" a película.
Percy e os seus amigos tendrán que buscar o raio maestro de Zeus, que fora robado, para evitar un inminente apocalipsis. Polo camiño vanse encontrando con distintos monstruos que intentarán matalos ao menor descuido. Entre eles podemos destacar a Medusa, as Furias, o Minotauro e o Cancerbero.



A historia está narrada de forma que sexa entretida para un público xuvenil, con moitas referencias a lugares e marcas famosas. Ao estar narrado en primeira persoa, adentrámosnos na mente dun rapaz de doce anos, polo que non utiliza un vocabulario demasiado complicado. Tamén mostranos cómo a historia e a mitoloxía poden ser emocionantes, con batallas de vida ou morte e moita comedia. Por outra banda, é unha novela que non se fai pesada de ler porque a trama está explicada de forma clara e limpa, sin deixar cabos soltos.

Despois da saga de Percy Jackson e os deuses do Olimpo, a historia continúa coa saga de "Os heroes do Olimpo", utilizando antiguos personaxes e engadindo outros novos. En ésta saga xa non son soamente deuses gregos, se non que tamén entran en acción as súas formas romanas, e os novos semideuses, fillos das formas romanas.

A forma na que o escritor define e otorga personalidade aos distintos deuses da mitoloxía é unha das cousas polas que éstos libros son tan entretidos, ao igual que polos poderes que posuen os semideuses e as batallas que libran contra titanes, xigantes, quimeras... Todos e cada un dos personaxes fan ben o seu papel na historia e saben cómo engancharte para que non podas deixar de ler.

O escritor, Rick Riordan, tamén é o autor de triloxías como "As crónicas dos Kane", que se basan na mitoloxía exipcia. Ao igual que Percy Jackson e os deuses do Olimpo, utiliza un escenario actual pero metendo mitoloxía de por medio.

A triloxía das crónicas dos Kane.

Os libros de Percy Jackson e os deuses do Olimpo son 5 en total, e a seguinte saga: "Os heroes do Olimpo" estaba programada para finalizar no 2014, con cinco novelas.

Saga de Percy Jackson e os deuses do Olimpo.

Rick Riordan está considerado como un dos mellores escritores de literatura xuvenil da época, e non é para menos. Tanto na mitoloxía grega, como na exipcia, sabe cómo chegar a un público adolescente coas historias mais entretidas e interesantes.
Saga Os heroes do olimpo.

6 comentarios:

Greeninja dijo...

Unha pequena corrección a tercera saga chamase "Heroes do olimpo" non sangue do Olimpo, ise e o nome do 5 libro da mesma polo demais moi boa entrada

Bea dijo...

Me gusta que hable de una película que no he visto y una saga de diferentes libros no he leido.El primero que haré sera descargar la película para verla.Muy buena entrada.

Unknown dijo...

Xa correxín os erros que tiña na entrada, como o nome da segunda saga e o número de libros desta. Espero que vos sexa útil.

Andrea Casanova dijo...

Gustame moito o teu comentario. Non sabía que había un libro, pero agora que o sei, apetéceme compralo.

reseñas dijo...

Lola me parece un bó comentario da película,boa entrada.

Unknown dijo...

Me parece moi boa entrada.Non tiña nin idea de este asunto e co teu traballo me he podido informar da película.. Moi bo traballo,Lola.

LinkWithin

Related Posts with Thumbnails